acceso do soporte

Esta pantalla decide se o soporte de goPrevina pode ver a aplicación coma unha das persoas da túa empresa para axudarte, e amosa as últimas veces que o fixo. Só a ven os administradores da empresa. Vén activada.

1. O interruptor

“Permitir que soporte vexa a miña conta” gárdase en canto o premes. Activado, cando pides axuda o soporte pode abrir unha vista coma a persoa que o precisa. Desactivado, o soporte non a pode abrir e explícaselle que a empresa o desactivou; axudarate doutro xeito, por exemplo pedíndoche que compartas a pantalla. Cada cambio queda no rexistro de actividade.

2. Que pode facer o soporte nesa vista

Só mirar: non pode gardar ningún cambio, non ve datos de saúde nin a administración, e a vista péchase soa aos 30 minutos. Nunca se abre coma unha persoa cun rol de saúde. Ábrea unha persoa do equipo de goPrevina desde a súa propia sesión, cunha ligazón dun só uso.

3. Como te decatas

A persoa coma a que se ve a aplicación recibe nese momento un aviso na aplicación e un correo. A lista “Últimas veces que o soporte viu a túa conta” amosa a data, a persoa e a hora de fin de cada vista, e o rexistro de actividade garda o inicio e o final.

4. Mellora do servizo

«Permitir que goPrevina use as conversas con Nora e con soporte, anonimizadas e sen datos de saúde, para mellorar o servizo» vén activado e só o cambia un administrador da empresa. Hoxe úsao Dora: aprende das respostas que resolveron os teus tickets, sen nomes, empresa, postos, cifras nin datos persoais, e nunca de datos de saúde; máis adiante usarao tamén Nora. Se o desactivas, as túas conversas non se usan e seguimos atendéndote igual. Debaixo vese quen o cambiou por última vez e cando; o cambio queda no rexistro de actividade.