Documentos IA

Aquí encargas a Nora un documento de prevención (un procedemento, unha instrución de seguridade, un plan…). Nora redáctao a partir do teu encargo, os datos da empresa e os riscos do alcance que escollas; ti revísalo e acéptalo, e o PDF gárdase en Xestión documental.

1. Que hai na pantalla

O botón «Xerar documento», un aviso que explica como se xeran os documentos novos, dous despregables para filtrar a lista —«Todos os estados» e «Todos os tipos»— e a lista dos documentos IA creados antes, que se seguen podendo abrir, ler e descargar. Cunha empresa nova a lista di «Aínda non hai documentos IA.».

2. Encargar un documento

1. Preme «Xerar documento»: ábrese “Xerar documento” co modelo “Documento redactado por Nora”.

2. Cambia o “Título do documento” e escribe en “Encargo” que debe cubrir: alcance, tarefas, perigos e a quen vai dirixido. O encargo imprímese tal cal no documento.

3. Escolle o “Alcance”: toda a empresa, un centro de traballo, un departamento ou un posto. A sección “Riesgos del alcance” lista eses riscos co seu código (por exemplo R-012) e Nora escribe a partir deles.

4. Na sección “Documento”, preme “Redactar con Nora”.

3. Revisar e aceptar o texto de Nora

O texto sae marcado “Redactado por Nora · sen revisar”. Corríxeo na mesma caixa e preme “Aceptar”; “Volver redactar” pide outro. Nora non inventa rexistros nin cita normativa: se non pode escribir, a sección queda baleira e di por que, e podes escribila ti. Ata que aceptas o texto, “Xerar PDF” non se activa; ao premelo, o documento gárdase en Xestión documental e “Abrir o documento” lévate a el.

4. O documento xerado e os anteriores

O PDF leva o logo e os datos da túa empresa, o índice, o encargo, os riscos e o texto aceptado con quen o aceptou e cando. Na súa ficha de Xestión documental descárgalo en PDF ou con “Descargar en Word”, e ten versións, revisión, aprobación e sinatura coma calquera documento. Os documentos IA da lista creáronse antes: ábreos para lelos, rematar de revisar un borrador (“Editar”, “Aceptar”, “Rexeitar”) ou descargalos en PDF, “Word” ou “MD”.