Fase beta
A aplicación xa está rematada
Estamos en fase beta e buscamos empresas que a queiran probar. Escríbenos e darémosche acceso.
Plans adaptados á túa empresa
Estamos en fase beta e o prezo aínda non está decidido. Fixarémolo ao rematala, coas empresas que a usaran. Aquí tes o que inclúe cada nivel.
Starter
Ideal para pequenas empresas que comezan coa xestión PRL.
Consultar
Fixaremos o prezo ao rematar a beta
- Avaliación de riscos
- Inspeccións básicas
- Xestión de incidentes
- Xestión documental
- Soporte por correo electrónico
Programa de Distribuidores
Es un Servizo de Prevención?
Ofrece goPrevina ás túas empresas clientes coa túa propia marca, cada unha illada das demais e cos teus modelos e os teus fluxos.
- White label completo coa túa marca
- Illamento entre os teus clientes en tres niveis
- Panel de xestión dos teus clientes
- Soporte técnico dedicado
- Formación continua
Preguntas Frecuentes
Resolvemos as túas dúbidas
Canto custa?
Aínda non o sabemos, e preferimos dicilo a inventalo. Estamos en beta: o prezo fixarase ao rematala, e falarémolo primeiro coas empresas que a usaran.
Que inclúe a beta?
Todo. Mentres dure non hai funcións recortadas por nivel: os niveis de arriba describen como agruparemos as cousas despois, non o que podes usar agora.
Hai permanencia ou compromiso?
Ningún. Durante a beta non hai contrato de permanencia nin facturación.
E se ao rematar a beta non me encaixa?
Non pasa nada. Diremosche o prezo antes de que teñas que decidir, e se non segues non se che factura.