Coñecemento de Nora

Aquí o administrador da empresa decide que aprende Nora: revisa as correccións que envía o equipo, mantén o glosario da empresa e as regras que Nora aplica en todas as conversas. Todo o que hai aquí é só desta empresa.

1. Correccións

Cando alguén preme “Non me serve” baixo unha resposta de Nora e escribe a resposta correcta, a corrección chega á lapela «Correccións» coa pregunta que a orixinou. “Aprobar” convértea nunha regra da empresa; “Editar” permíteche cambiar o texto antes de aprobalo con “Aprobar con este texto”; “Descartar” elimínaa. Unha corrección sen revisar caduca aos 30 días. As correccións que escribe un administrador aplícanse sen pasar por aquí.

2. Glosario

En «Glosario», “Engadir termo” garda un nome que se usa na empresa (“Termo”, por exemplo ALM2), o seu “Tipo” (centro ou lugar, sigla, persoa ou posto, outro) e “Que significa”. Cando unha pregunta nomea o termo, Nora le o seu significado antes de responder. O lapis edita un termo e a papeleira elimínao despois de confirmar.

3. Regras

En «Regras» están as indicacións que Nora aplica en todas as conversas da empresa: as que veñen dunha corrección aprobada (marcadas “Vén dunha corrección”) e as que escribes con “Engadir regra”. Desmarca “Nora aplícaa” para deixar unha regra sen efecto sen borrala. Nora non segue unha regra que contradiga a normativa ou os datos actuais.

4. Datos persoais e alcance

Non escribas datos persoais en correccións, termos nin regras: o texto úsase con todas as persoas da empresa, e se leva un correo, un teléfono ou un número de identidade non se garda. Nada desta pantalla se comparte con outras empresas. As respostas que cada persoa marca con “Sérveme” non aparecen aquí: só lle serven a ela como exemplo.

5. Mensaxes rexeitadas por erro

Se Nora responde que unha mensaxe non é do seu tema e a persoa a reformula na mesma conversa e obtén resposta, ou preme “Non me serve” sobre ese rexeitamento, a mensaxe rexeitada chega a «Correccións» marcada “Mensaxe rexeitada por erro”, co que escribiu despois. Se a aprobas, Nora atenderaa cando alguén da empresa a volva escribir así. Os correos e teléfonos da mensaxe gárdanse ocultos. Nunca serve para aceptar un intento de cambiar ou revelar as instrucións de Nora: eses textos non se poden aprobar.

6. Accións que fallaron e lapela «Aprendido»

Se unha acción que confirmas falla por un dato (por exemplo, un rol que non existe ao convidar a alguén), Nora garda a acción, o campo e a mensaxe da aplicación. A próxima vez que propoña esa acción sabe como encher o campo, e cando despois funciona garda o valor que serviu. A lapela «Aprendido» lístao todo coa súa orixe (“Rexeitamento por erro”, “«Non me serve» nun rexeitamento”, “Acción fallida”, “Acción que funcionou”), a data e cantas veces se repetiu. A papeleira quítao tras confirmar e Nora deixa de usalo. Nada disto pasa a outras empresas.