Historial de notificacións, modelos e programacións

«Historial de Envío de Notificacións» rexistra cada aviso que goPrevina enviou por correo, WhatsApp, SMS, push ou dentro da aplicación, e que pasou con el. Esta guía cobre tamén as outras dúas pantallas de avisos automáticos: “Modelos de Alerta” e “Programación de Alertas”.

1. «Analítica de interacción»

Arriba, cinco cifras: «Total» de envíos, «Taxa de entrega» (os que chegaron), «Taxa de apertura» (os que se abriron), «Taxa de clics» e «Taxa de fallos». Debaixo, «Por canle» e «Por tipo de notificación» reparten eses envíos; cunha empresa recén empezada din «Sen datos».

2. Saber se a alguén lle chegou un aviso

1. Escribe o seu correo en «Buscar por Email» e preme «Buscar».

2. Se queres, filtra por «Estado» («Pendente», «Enviado», «Entregado», «Fallido», «Rebotado», «Rexeitado») e por «Canle».

3. A táboa amosa «Destinatario», «Canle», «Asunto», «Estado» e a data en «Creado». «Rebotado» adoita ser un enderezo de correo mal escrito: corríxeo na ficha da persoa.

Se non hai resultados, di «Non se atoparon rexistros de notificacións».

3. Modelos de alerta

No menú, “Modelos de Alerta” garda textos propios para os avisos automáticos (fichas de seguridade que caducan, stock baixo de químicos, certificacións de traballadores, incidentes, formación, revisión de documentos). “Novo modelo” pide “Nome”, “Tipo”, “Prioridade” e “Idioma”, o “Modelo de Título” e a “Plantilla de Mensaxe” —con variables entre chaves, como {variableName}—, a ligazón e o texto do botón de acción, e as “Canles”. Preme “Crear”.

4. Programación de alertas

En /notifications/schedules, “Programación de Alertas” lista os avisos que se envían sós cunha frecuencia: “Unha Vez”, “Diariamente”, “Semanalmente”, “Mensualmente” ou “Personalizado (Cron)”. Filtra por “Frecuencia” e por “Estado” (activo ou inactivo) e crea unha con “Engadir Programación”.