Preferencias de notificación
Aquí escolles por que canle che chega cada tipo de aviso de goPrevina: dentro da aplicación, por correo, push, SMS, WhatsApp ou Telegram. Os administradores teñen ademais unha segunda lapela para fixar as canles por defecto de toda a empresa.
1. Que hai na pantalla
Dúas lapelas: «As miñas preferencias» (os teus avisos) e «Valores por defecto da empresa» (só a ven os administradores). Se a empresa non configurou WhatsApp ou Telegram, unha banda amarela dío e enlaza con «Configurar integracións».
Debaixo, a tarxeta «Telegram» co teu estado («Non conectado») e a táboa: unha fila por tipo de aviso («Documento pendente de revisión», «Incidente asignado», «Formación programada»…) e unha columna por canle: «Na App», «Email», «Push», «SMS», «WhatsApp» e «Telegram».
2. Escoller como che chega cada aviso
Marca ou desmarca a caixa da fila e a canle: o cambio gárdase no momento, sen botón de gardar. Por defecto só está marcado «Na App», que é o que ves na campá da barra superior.
Por exemplo, para decatarte por correo das investigacións que che asignan, marca «Email» na fila «Incidente asignado». As columnas «WhatsApp» e «Telegram» están en gris ata que un administrador configura esa integración.
3. Recibir avisos en Telegram
1. Preme «Conectar Telegram»: ábrese o bot da túa empresa cunha ligazón dun só uso.
2. En Telegram preme “Iniciar”.
3. Volve aquí e preme a icona de recargar da tarxeta: o estado pasa a “Conectado”.
4. Marca a columna «Telegram» nos avisos que queiras recibir alí.
4. As canles por defecto da empresa (administradores)
En «Valores por defecto da empresa» cada cela cambia ao tocala entre “Non”, “Por defecto” (a canle vén marcada e cada usuario pode quitala) e “Obrigatorio” (o usuario non a pode desactivar). Úsao para que, por exemplo, as alertas do sistema cheguen sempre por correo a todo o mundo.