Power Automate e Zapier

goPrevina conéctase con Power Automate e Zapier a través da súa API pública. Un desencadeador pon en marcha un fluxo cando pasa algo en goPrevina (rexístrase un incidente, un certificado está a piques de caducar); unha acción crea ou cambia un rexistro (un traballador, un incidente, unha medida preventiva). Con eles chegas a Teams, SharePoint, Outlook, Excel, Jira e centos de ferramentas máis sen programar.

1. Que necesitas

Unha clave API da empresa. En «Administración» → “Sistema” → “Claves API”, preme “Crear unha clave” cun nome como “Power Automate” e, en “Permisos por recurso (API pública)”, marca o que necesitan os fluxos: para recibir os eventos de incidentes, “Incidentes” lectura; para crear traballadores, “Traballadores” escritura. Un desencadeador só ofrece os eventos que a clave pode ler, e os de aptitude médica necesitan o seu propio permiso. Crea unha clave por ferramenta: así, revogar unha non detén as demais.

O conector de goPrevina para Power Automate e a app de Zapier están pendentes de publicación en cada tenda. Mentres tanto, pídelle ao soporte de goPrevina o ficheiro do conector de Power Automate ou unha invitación á app privada de Zapier. A app de Make chegará despois do lanzamento.

2. Power Automate

1. En Power Automate, “Conectores personalizados” → “Novo conector personalizado” → “Importar un ficheiro OpenAPI”, escolle o ficheiro de goPrevina e crea o conector (cando estea publicado, busca “goPrevina” no seu lugar).

2. A primeira vez que o uses, pega a clave API.

3. Desencadeadores: “When an incident is recorded”, “When a training certificate is about to expire”, “When a worker is added” e outros, ademais de “When an event occurs”, no que escolles calquera evento da lista.

4. Accións: crear e actualizar traballadores, centros e medidas preventivas, rexistrar incidentes, asignar cursos e ler todas as listas (incidentes, medidas, avaliacións, certificados, documentos, contratistas).

Os nomes do conector están en inglés. Ao gardar un fluxo cun desencadeador de goPrevina, Power Automate subscríbese ao evento; ao apagar ou borrar o fluxo, quita a subscrición.

3. Zapier

En Zapier, engade a app goPrevina e conéctaa coa clave API; deixa “API Address” como está salvo que a túa empresa teña a súa propia instalación de goPrevina. Os desencadeadores como “New Incident” ou “Training Certificate Expiring” subscríbense ao acender o Zap e danse de baixa ao apagalo.

4. Exemplo: incidente → Teams e unha lista de SharePoint

1. Crea en SharePoint unha lista “Incidentes” coas columnas Título, Gravidade, Data e Id de goPrevina.

2. En Power Automate, crea un fluxo automatizado co desencadeador “When an incident is recorded”.

3. Engade “Publicar mensaxe nun chat ou canle” (Microsoft Teams), escolle a canle de prevención e escribe a mensaxe co contido dinámico: título, gravidade e data.

4. Engade “Crear elemento” (SharePoint) sobre a lista “Incidentes” e asigna Título, Gravidade, Data e Id.

5. Garda, rexistra un incidente de proba en goPrevina e comproba que a mensaxe e a fila aparecen en menos dun minuto.

5. Exemplo: alta en Excel → traballador

1. Leva as altas nunha táboa de Excel en OneDrive ou SharePoint coas columnas Nome, Email, Posto e Data de alta.

2. En Zapier, usa o desencadeador “New Row” de Microsoft Excel sobre esa táboa.

3. Engade a acción “Create Worker” de goPrevina e asigna Full Name, Email, Position e Hire Date.

4. En “Idempotency Key”, asigna o id da fila: se o Zap volve executarse coa mesma fila, goPrevina devolve o traballador que xa creou en lugar de engadir outro.

A clave necesita “Traballadores” escritura.

6. Exemplo: certificado a piques de caducar → tarefa de Outlook

1. En Power Automate, usa o desencadeador “When a training certificate is about to expire”. goPrevina envíao 30 días antes da data de caducidade.

2. Engade “Get a worker” co id do traballador do evento (employeeId) para ter o nome.

3. Engade “Engadir unha tarefa pendente” de Microsoft To Do, cuxas tarefas amosa Outlook, co título “Renovar certificado” seguido do número de certificado e o nome do traballador, e como vencemento a data de caducidade do evento (expiresAt).

A clave necesita “Formación” lectura e “Traballadores” lectura.

7. Onde están as subscricións e como paralas

Cada desencadeador en uso aparece en “Webhooks” co nome da ferramenta e o seu historial de envíos. Apagar o fluxo, o Zap ou o escenario quita a súa subscrición. Revogar a clave API quita todas as subscricións feitas con ela e para os envíos ao momento. goPrevina asina cada evento coa cabeceira X-Goprevina-Signature e o segredo devolto ao subscribirse; un sistema propio pode comprobala como explica a guía de webhooks.