Panel de Prevención

O panel ábrese con catro tarxetas de situación e, debaixo, a lista «Que facer» con todo o pendente de prevención, ordenado por data límite. Á dereita están as cifras «Por módulo» e o «Nivel dos riscos».

1. As catro tarxetas

Cada tarxeta conta un tipo de tarefa e nomea a primeira: «Facer xa» conta o que está «Vencido ou obriga legal» (medidas, avaliacións ou análises coa data pasada e obrigas legais sen cumprir); «Planificar», o que «Vence en 30 días»; «Altos ou críticos sen medidas», os «Riscos que requiren atención»; e «Formación», os «Cursos e certificados pendentes». “Nada pendente” significa que non hai ningunha tarefa dese tipo.

Preme unha tarxeta para filtrar a lista; o título da lista di por cal está filtrada. Para quitar o filtro, volve premer a tarxeta ou preme “Ver todo”.

2. A lista «Que facer»

Cada fila é unha tarefa: a súa categoría («Vencido ou obriga legal» ou “Outra acción”), a tarefa, o motivo e o módulo, e debaixo o prazo. Un prazo en vermello di hai cantos días que venceu; se non hai data límite, a fila di sin fecha (sen data). “Ver detalles” abre o detalle da fila.

As filas coa etiqueta «Detectado por Nora» son achados de Nora sobre os datos da empresa, por exemplo formación obrigatoria pendente ou EPI sen asignar. O seu botón abre a pantalla onde se resolve e “Descartar” quítaa da lista.

3. Pechar unha tarefa

1. Mira o botón da fila: «Marcar como completada» aparece nunha medida preventiva vencida, «Rematar avaliación» nunha avaliación sen rematar, «Crear nova versión» cando non hai avaliación vixente e «Ver rexistro» nunha análise de posto sen analizar.

2. «Marcar como completada» marca a medida como completada sen saír do panel. Os outros botóns abren o rexistro: nunha avaliación, remátaa e preme “Enviar a revisión”; nunha análise de posto, revisa a proposta e confírmaa.

3. A icona de chat (“Consultar a asistente”) abre a Nora con esa tarefa xa formulada.

4. Preme «Actualizar» para recalcular a lista; xunto ao nome da empresa vese a hora da última actualización. Cando o rexistro deixa de estar pendente, a fila sae da lista.

4. Cifras por módulo e nivel dos riscos

«Por módulo» resume catro cifras e cada liña abre o seu módulo: «Riscos altos», «Formación ao día» (porcentaxe), «Certificados médicos caducados» e «Químicos con FDS vixente» (produtos con ficha de datos de seguridade en vigor, sobre o total).

«Nivel dos riscos» reparte os riscos nunha barra por nivel (“Alto”, “Medio” e “Baixo”); un nivel sen riscos non aparece. Se «Riscos altos» non é 0, abre a lista de riscos e comproba que cada un ten unha medida preventiva.

5. Quen ve este panel

O módulo de prevención está aberto por defecto a editores e administradores. Un usuario de só lectura ve no seu lugar o aviso “Este módulo está desactivado”; un administrador pode baixar o rol mínimo en “Axustes da empresa › Módulos”.

O panel só cambia datos con «Marcar como completada» e “Descartar”; o resto corrixese na pantalla de destino, co permiso que esa pantalla esixa.