Custos PRL

En «Informes › Custos PRL» está todo o que custa a prevención: os EPIs comprados, as medidas preventivas, a formación, os recoñecementos médicos, os contratos con servizos externos, o persoal propio, os accidentes e as sancións. Cada apuntamento leva a súa moeda e o seu IVE, e os totais danse por moeda: nunca se suman euros con libras.

1. O libro de custos

A lapela «Libro de custos» mostra os apuntamentos do período (por defecto o ano en curso) cos filtros «Desde», «Ata», «Categoría», «Estimado ou real», «Centro de traballo» e «Moeda». Arriba, unha tarxeta por moeda con «Estimado», «Real» e «Real con IVE» e o desagregado por categoría. As filas escritas desde outra pantalla (unha compra de EPI, unha medida, unha sesión, un accidente, un contrato) teñen «Ver orixe» e edítanse alí; as de «Persoal propio» calcúlanse cada mes co «Custo hora» e a «Dedicación a PRL (%)» de cada persoa e non se gardan.

2. Un gasto a man

«Novo gasto» abre o formulario: «Categoría», «Estimado ou real», «Tipo» (puntual, recorrente ou investimento), «Data», «Concepto», «Importe» con «Moeda», «IVE (%)» e «IVE incluído» (debaixo vese a base, o IVE e o total), «Provedor», «Nº de factura», «Centro de traballo» e «Centro de custo». Se deixas o centro de custo baleiro, cópiase o do departamento ou o do centro de traballo. A moeda e o IVE que aparecen son os da empresa: o «IVE por defecto (%)» cámbiase en Administración › Configuración da empresa.

3. Contratos con servizos externos

Na lapela «Contratos externos», «Novo contrato» rexistra o SPA, a mutua, a OCA, un formador ou un laboratorio: «Provedor», «Tipo», «Especialidades cubertas», «Inicio», «Fin», a «Cota anual» co seu IVE e as «Tarifas fóra de cota». A cota repártese por meses no libro ata o mes en curso (a táboa di cantos «Meses repartidos» leva); ao rematar o contrato, desmarca «En vigor».

4. De onde saen os demais custos

Na ficha dun EPI, «Rexistrar compra» pide unidades, prezo unitario, IVE, provedor e factura: sobe o stock, actualiza o «Custo Unitario» e escribe o apuntamento. Nunha medida preventiva, o «Custo estimado», o «Tipo de custo» e, ao completala, o «Custo real» e as «Horas reais»; a planificación preventiva mostra o total estimado, o real e a desviación. Nunha sesión de formación, «Custo da sesión», «Crédito FUNDAE», «Horas pagadas por asistente» e «Custo hora do asistente» dan o «Custo por asistente». Nun incidente, o panel «Custo do accidente» calcula o salario (días de baixa × base diaria), a recarga de prestacións e o total. Nora responde a «canto gastamos en EPIs este ano por centro?» cos mesmos datos.