Panel de Hixiene Industrial

Este panel reúne as medicións de axentes físicos da empresa: ruído, iluminación, vibracións e estrés térmico. Desde aquí entrase en cada axente; a mesma guía serve para as pantallas de cada axente e para as calculadoras.

1. Que hai no panel

Arriba están o título «Panel de Hixiene Industrial», o nome da empresa coa hora da última actualización e o botón «Actualizar».

Debaixo hai dúas tarxetas cun número: «Facer xa» («Vencido ou obriga legal») e «Planificar» («Vence en 30 días»). Se non hai nada poñen «Nada pendente». Ao premer unha, a lista «Que facer» queda con esas accións; esa lista reúne o pendente de hixiene ordenado por data.

2. A táboa por axente

«Por axente» ten unha fila por axente: “Ruído” (RD 286/2006), “Iluminación” (RD 486/1997, anexo IV), “Vibracións” (RD 1311/2005) e “Estrés térmico” (UNE-EN ISO 7243, WBGT). As columnas son “Axente”, “Peor resultado fronte ao límite” e “Próxima medición”. Cada fila di cantas medicións hai e a data da última.

A etiqueta da dereita é o peor resultado fronte ao límite: verde se está por debaixo dos valores de acción, ámbar se os supera ou está xusto no nivel esixido, e vermella se supera o valor límite ou non chega ao nivel de iluminación esixido. Preme unha fila para abrir as medicións dese axente; o seu menú ten “Ver medicións” e “Nova medición”.

Mentres non hai ningunha medición, o panel di “Aínda non hai medicións de hixiene”, co botón “Programar a primeira medición” e unha lista «Que convén medir» co motivo de medir cada axente.

3. Rexistrar unha medición

1. Escolle o axente (unha fila do panel ou o menú Hixiene Industrial) e preme “Nova medición”.

2. No formulario escribe o título, o tipo de medición, o centro de traballo, o departamento, o lugar, a data programada, o técnico e os datos do equipo coa súa calibración. Preme “Crear medición”: queda en “Borrador”.

3. Na medición, preme “Iniciar Medición” (“Iniciar Avaliación” en estrés térmico) e “Engadir Punto” por cada punto medido, cos seus valores.

4. Preme “Completar e Calcular” (“Completar” en iluminación): a aplicación calcula o resultado coa norma do axente. Se supera os valores de acción aparece “Acción Requirida” e a medición conta nas accións do panel ata que se resolve.

5. “Enviar a Revisión”, “Aprobar” e “Descargar Informe” pechan o proceso.

4. A lista de cada axente

Cada axente ten a súa lista: “Medicións de Ruído”, “Medicións de Iluminación”, “Medicións de Vibración” e “Avaliacións de Estrés Térmico”. Mentres está baleira di, por exemplo, “Aínda non hai medicións de ruído”, co botón “Rexistrar a primeira medición”.

Con medicións hai un buscador (“Buscar por título ou código”), un botón por estado (“Borrador”, “En Progreso”, “Completada”, “En Revisión”, “Aprobada” e “Rexeitada”) e “Máis filtros”, cun segundo filtro propio do axente (nivel de exposición, cumprimento, tipo de vibración ou nivel de estrés térmico). As columnas son “Medición”, “Estado” e “Data”; unha medición aínda por facer cuxa data programada xa pasou sae en vermello. O menú da cabeceira ten “Exportar a Excel”.

5. As calculadoras

No menú, Hixiene Industrial › Calculadoras fai cálculos soltos sen gardar ningunha medición. Ten unha lapela por cálculo: “Ruído”, “Iluminación”, “Vibracións”, “Estrés térmico (WBGT)”, “Ambiente do local”, “Cargas” e “Protectores auditivos”.

Enche os datos e preme “Calcular”: debaixo, en “Resultado”, saen o valor, o limiar que se supera dito con palabras e a norma en que se basea. Por exemplo, en vibracións engades unha fila por ferramenta cos seus minutos por xornada e a súa aceleración e obtés a exposición diaria.

6. Permisos

Rexistrar ou editar medicións require permiso de escritura. Por defecto o módulo de prevención está aberto a editores e administradores; un usuario de só lectura ve o aviso “Este módulo está desactivado”.