Xestión de Incidentes

Aquí comunícanse os accidentes, case accidentes e demais incidentes, e séguese cada un ata pechalo: investigación, medidas correctoras e, se toca, a notificación á autoridade laboral.

1. Que hai na pantalla

Arriba, dous botóns: «Comunicar incidente» (o parte completo) e «Informe rápido» (o imprescindible para unha emerxencia). Debaixo, catro cifras: «Total de incidentes», «En investigación», «Pechados» e «Críticos/Altos» (severidade alta ou crítica).

A lista ten as columnas «Incidente» (título, código INC e lugar), «Tipo de incidente», «Severidade», «Estado», «Comunicado por» e «Data do Reporte». A etiqueta «Notificable» marca os incidentes que hai que notificar ás autoridades.

«Filtros» deixa a lista por tipo de incidente, severidade, tipo de lesión ou estado e «Exportar» descarga en CSV ou Excel a lista tal como está filtrada.

2. Comunicar un incidente

1. Preme «Comunicar incidente». O asistente ten cinco pasos: “Información básica”, “Localización e Tempo”, “Persoas Involucradas”, “Documentos Adxuntos” e “Revisar e Enviar”.

2. No primeiro enche “Título”, “Descrición” (o botón “Ditar” transcríbea de viva voz), “Tipo de incidente” (accidente, case accidente, dano á propiedade, derramo químico…), “Severidade” e “Tipo de lesión” (de “Sen Lesión” a “Tempo Perdido” ou “Fatalidade”). Se hai un produto químico implicado, escólleo en “Químico Implicado”.

3. Segue co lugar e a hora, as persoas implicadas e as fotos ou documentos, revisa e envía. O incidente entra como «Comunicado».

Nunha urxencia, «Informe rápido» pide só que pasou, onde e cando (tres pasos); as persoas e os ficheiros engádense despois editando o parte.

3. Investigar e pechar

1. Preme o incidente na lista. A ficha mostra o resumo, as persoas e a “Información clave”.

2. En “Investigación do accidente” preme “Abrir investigación”: rexístranse as causas inmediatas e básicas, as medidas correctoras con responsable e data, e as conclusións.

3. En “Riscos Relacionados”, “Asociar Risco” vincúlao coa avaliación de riscos do posto, para revisala á luz do ocorrido.

4. Con “Actualizar estado” lévalo de «Comunicado» a «Baixo Investigación» e, rematada a investigación e aplicadas as medidas, a «Pechado».

4. Notificar á autoridade laboral

Se o incidente é dos que hai que notificar, a súa ficha mostra o bloque de notificación á Inspección de Traballo. Non é a notificación oficial: reúne os datos listos para copiar no servizo oficial e avisa do que falta antes de poder notificar (por exemplo, os días sen poder facer o traballo habitual).

Cando o presentases, preme “Marcar como notificado” e, se a tes, anota a referencia: así deixan de chegar os avisos de vencemento.

5. Permisos

Comunicar, editar, cambiar o estado ou eliminar un incidente require permiso de escritura. Por defecto o módulo de incidentes está aberto a editores e administradores; un usuario de só lectura ve o aviso “Este módulo está desactivado”.