O meu equipo
«Equipo» é a lista dos usuarios que entran na aplicación: aquí convídalos, dáslles o seu rol e o seu acceso aos datos de saúde, e desactívalos. As persoas do cadro de persoal que non entran na aplicación están en «Cadro de persoal».
1. As cifras e a táboa
Catro tarxetas: «Total Membros», «Activos», «Pendentes» (convidados que aínda non activaron a súa conta) e «Inactivos». Na demo hai 3 membros activos.
A táboa ten «Nome», «Correo», «Cargo», «Rol», «Estado» e «Accións». O rol amosa Administrador para quen administra a empresa e Usuario para o resto (lector ou editor). O estado é Activo en verde, Pendente de activación ou Inactivo; tamén pode aparecer MFA activado ou Bloqueado.
2. Convidar a alguén
Preme «Convidar Membro». En “Convidar Novo Membro” son obrigatorios “Nome”, “Apelidos”, “Correo electrónico” e “Rol”: “Lector” só consulta, “Editor” rexistra e modifica datos e “Administrador” ademais xestiona persoas e configuración. Deixa marcado “Enviar email de invitación” e preme “Enviar invitación”: a persoa recibe un correo para activar a súa conta e aparece como Pendente ata que o fai.
3. Cambiar rol, acceso a saúde ou desactivar
En «Accións», o lapis abre a ficha para editar os datos e o escudo leva a “Editar roles”. Na mesma ficha, “Acceso á vixilancia da saúde” decide quen ve historias clínicas: médico do traballo (acceso completo), enfermaría do traballo (lectura e escritura), só datos agregados (sen historias clínicas) ou sen acceso a datos de saúde; cada cambio queda rexistrado.
A icona vermella desactiva a conta, que deixa de poder entrar; pódese volver activar. A un convidado pendente pódeselle reenviar ou cancelar o convite, e unha conta bloqueada pódese desbloquear.
4. Quen ve que
«Convidar Membro» pide permiso de edición. As iconas de cada fila só aparecen nos usuarios que podes xestionar: ti mesmo e, se es administrador da empresa, os demais usuarios da túa empresa. Se o teu rol non ten o módulo Persoas e formación, ves “Este módulo está desactivado”.