Titorial de avaliación de riscos (4/7): riscos
Cada risco dunha avaliación é tamén un rexistro propio, co seu historial e os seus requisitos de EPI. Este capítulo explica onde se consultan e cando se poden cambiar.
1. A lista de riscos
“Prevención” → “Xestión de Riscos” reúne os riscos activos de todas as avaliacións. Arriba, o subtítulo conta os riscos e cantos son altos ou críticos, e catro tarxetas filtran a lista ao premelas: «Sen medidas» (ningunha medida activa os cobre), «Medidas vencidas», «Alto ou crítico» (nivel da súa última avaliación) e «Total». Debaixo hai un buscador, «Máis filtros» e a táboa coas columnas Risco, Medidas (cantas e que porcentaxe está feito), Nivel e Próximo prazo. “Novo risco” abre un formulario lateral; os riscos tamén nacen nas avaliacións.
2. O detalle dun risco
Ao abrir un risco ves arriba o seu nivel e o seu estado, os datos clave (a avaliación á que pertence, a metodoloxía, a prioridade, cantas medidas están feitas e o próximo prazo) e catro lapelas: “Medidas”, “Detalle”, “EPI” (os que esixe o risco, que se engaden con “Editar”) e “Historial”. Mentres a avaliación está en borrador ou en revisión podes editalo. Cando a avaliación está aprobada, caducada ou arquivada, o risco queda bloqueado e a pantalla indícao: para cambialo, renova a avaliación creando unha nova versión.