Titorial de avaliación de riscos (6/7): medidas preventivas e seguimento

As medidas preventivas son o que se fai para reducir cada risco. Este capítulo explica como se planifican, como se segue a súa execución e como se comproba que funcionan.

1. A planificación preventiva

Desde a avaliación, “Planificación preventiva” mostra as súas medidas nunha táboa editable: localización, custo, quen executa, quen supervisa, prioridade, prazo, estado e cada cantos días se repite. Cada cambio gárdase ao saír da cela.

“Resumo executivo (PDF)” e “XLSX” descargan a planificación.

Planificación preventiva do almacén con tres medidas

2. A lista de medidas

«Prevención» → “Medidas Preventivas” reúne as medidas de todas as avaliacións, con indicadores de totais, completadas, en progreso e vencidas. Filtra por estado, tipo, prioridade, responsable ou datas, ou marca “Mostrar só vencidas”.

Lista de medidas preventivas de Construcciones Acme

3. O plan de acción

Dentro dunha medida, “Engadir Acción” divídea en tarefas con título, responsable e data límite. Ao completar accións sobe a porcentaxe de avance da medida; a medida en si márcase como completada á parte, por exemplo desde a planificación.

Diálogo Engadir Nova Acción

4. Evidencias e efectividade

A ficha da medida reúne o plan de acción e as evidencias (“Subir Evidencia”). Unha medida considérase vencida cando pasa a súa data límite sen completarse. Cando está completada aparece a “Verificación de Efectividade”: unha valoración de 1 a 5 con observacións.

Detalle da medida de separación de peóns e carretillas