Nora, o asistente

Nora é o asistente de goPrevina: responde preguntas de prevención, consulta os datos da túa empresa cos teus mesmos permisos e prepara cambios que se gardan cando ti os confirmas. O que di é unha axuda, non un ditame: revísao antes de usalo.

1. Abrir o chat e os seus modos

Nora ábrese co botón redondo da esquina inferior dereita (“Pregunta a Nora”). No «Panel de Control» ademais está integrada arriba, no bloque “Nora”.

O chat ábrese flotante, co título “Nora” e, debaixo, “Contexto: …”, a pantalla na que estás. As iconas da cabeceira son, de esquerda a dereita: volver (comeza unha conversa nova), “Guía de Nora” (esta guía), “Historial”, “Ancorar” (fíxao á dereita, xunto á pantalla, e “Desancorar” devólveo), “Maximizar” (pantalla completa) e “Pechar”. Co chat baleiro propón preguntas de exemplo.

2. Preguntar

Escribe en “Escribe a túa mensaxe...” e preme Intro ou “Enviar”. Mentres traballa verás “Pensando…” ou “Consultando datos…”. Nora consulta os datos da túa empresa (centros, avaliacións, medidas, incidentes, inspeccións, EPI, formación, contratistas, documentos…) e ten en conta a pantalla do “Contexto”: se preguntas por «isto» sen nomealo, entende que falas do que tes aberto.

Dos documentos consulta a lista (título, tipo, estado, versión), non o contido dos ficheiros; no chat non se anexan ficheiros. Baixo cada resposta, os polgares serven para valorala.

3. Cambios que prepara Nora: confirmar ou rexeitar

Se lle pides crear ou cambiar algo, Nora responde cunha tarxeta “Acción suxerida” co tipo de rexistro, a operación e os datos. Coa autonomía “Manual” (a de fábrica) non se garda nada ata que premes “Confirmar” ou respondes só «si», «vale» ou «ok». “Editar” cambia os datos da tarxeta e “Rexeitar” descártaa. Cando se garda, “Ver rexistro” ábreo: revísao e completa o que falte.

En “Preferencias” → “Asistente” podes cambiar a autonomía a “Semi-auto” (executa o reversible e non sensible) ou “Automático” (executa todo o que os teus permisos permitan); entón Nora avisa con “Fixen esta acción automaticamente:”.

4. Como valorar unha resposta

Cando Nora pode ligar un rexistro, aparece unha etiqueta baixo a resposta que o abre. Se non hai ligazón, comproba o dato na súa pantalla. Comproba as cifras no módulo e as referencias legais na fonte oficial antes de usalas: Nora pode equivocarse, e a súa resposta non substitúe a valoración dun técnico de prevención nin a do servizo médico.

5. Permisos e privacidade

Nora traballa co teu usuario e na empresa activa: só ve o que ti podes ver e só prepara o que ti poderías facer. Se non atopa un rexistro, pode que non o vexas cos teus permisos. Cun usuario de só consulta, responde pero non prepara cambios. Os datos clínicos só están ao alcance de quen ten acceso médico.

Cada usuario só ve as súas conversas, en “Historial”. O que escribes envíase ao servizo de IA da instalación: non escribas datos de saúde nin datos persoais que non fagan falta.

6. Conversas longas

Nora ten en conta as últimas mensaxes, un resumo do anterior e os datos que lle corrixiches (vale o último). Nunha conversa moi longa pode perder detalles do principio: comeza outra coa frecha de volver cando cambies de tema, de centro ou de empresa. As anteriores quedan en “Historial”, onde podes arquivalas ou eliminalas. Se responde cun erro, volve enviar a pregunta; se se repite, avisa á asistencia.