Titorial de avaliación de riscos (7/7): revisión, aprobación e despois

Unha avaliación pasa por “Borrador”, “En revisión” e “Aprobado”, e máis adiante pode caducar, renovarse ou arquivarse. Este capítulo pecha o titorial con eses pasos, a exportación, Nora e o uso sen conexión.

1. O borrador

Unha avaliación nova queda en Borrador. A súa ficha mostra arriba o título co estado, o nivel e, se pasou o prazo, «Fóra de prazo»; despois os datos clave (posto ou lugar, responsable, riscos, medidas feitas e prazo) e tres lapelas: “Riscos e medidas” (con “Engadir risco”), “Detalle” e “Documentos”. Ao final, “Historial” rexistra cada cambio. Un borrador pódese editar desde “Máis”.

2. Enviar a revisión e aprobar

O botón principal da ficha cambia co estado. En borrador é “Enviar a revisión”, que poden premer quen creou a avaliación e a persoa asignada. En revisión, un administrador preme “Aprobar” ou, en “Máis”, “Rexeitar”; ao rexeitar ten que indicar o motivo e a avaliación volve a borrador.

3. Despois de aprobar

Aprobada, a avaliación xa non se edita e o botón principal pasa a ser “Renovar”. En “Máis” tes “Marcar como caducado”, “Arquivar”, “Cambiar data límite” e “Planificación preventiva”. “Renovar” ofrece tres opcións: “Crear unha nova versión” (un borrador novo cos mesmos riscos e medidas, ligado á versión anterior), “Reabrir esta avaliación” (volve a borrador) e “Prolongar vixencia” (amplía a data uns meses; 12 por defecto). Unha avaliación caducada ou arquivada pódese reabrir con “Reabrir”.

4. Lista, resumo e exportación

“Prevención” → “Avaliacións de Riscos” ten dúas lapelas: «Avaliacións» e «Resumo». En «Avaliacións», o subtítulo conta as avaliacións e as vencidas; catro tarxetas filtran ao premelas («Vencidas», «Sen aprobar», «Alto ou crítico» e «Próximas a caducar») e as etiquetas «Borrador», «En Revisión» e «Aprobado» contan por estado. A táboa mostra avaliación, nivel, estado e prazo. «Resumo» reparte os riscos por nivel e debuxa a matriz de riscos. “Máis” → “Exportar a Excel” descarga a lista.

5. Nora e o uso sen conexión

Nora coñece as túas avaliacións: pídelle un resumo, as medidas pendentes ou que riscos altos non teñen medidas. Tamén pode crear ou cambiar rexistros, pero antes móstrache o que vai facer e só o fai se o confirmas. Comproba sempre a súa resposta na ficha antes de actuar.

As avaliacións non se crean sen conexión. Sen rede podes consultar as que xa abriras, e o asistente de creación garda o borrador no navegador.