Actualizar goPrevina

goPrevina actualízase soa cando a abres ou volves a ela con conexión. Se usas a app instalada no móbil e non ves unha novidade, podes pedir ti mesmo a última versión.

1. Cando se actualiza soa

Cada poucos minutos, e cada vez que volves á app, goPrevina comproba se hai unha versión nova. Se non estás escribindo nin tes cambios sen gardar, actualízase soa e verás o aviso «Actualizando goPrevina á versión…». Se tes un formulario a medias, non che recarga a pantalla: avísache e ti escolles cando.

2. Actualizar a man

1. Preme a túa foto ou as túas iniciais, arriba á dereita.

2. Preme «Buscar actualización» (ao carón ves a versión que tes).

3. Se hai unha versión nova, a app actualízase e recárgase. Se non, verás «Xa tes a última versión».

3. Se non se actualiza

Comproba que tes conexión e preme «Tentar de novo». Se segue igual, pecha goPrevina de todo (en Android, quítaa das aplicacións recentes) e ábrea outra vez. Se aínda así non cambia, ábrea unha vez no navegador e escribe a soporte.

4. O que non se perde

A túa sesión e os teus datos seguen aí. Se tiñas texto escrito nun formulario, a app tenta recuperalo tras recargar; aínda así, garda antes de actualizar.