Auditorías

«Auditorías do sistema de xestión» rexistra as auditorías internas e externas (a pantalla cita ISO 45001 cl. 9.2): o seu plan, o equipo auditor, os achados e o resultado.

1. A lista

Columnas: «Número» (AUD-ano-número), «Título», «Tipo», «Resultado», «Estado» e «Accións». O tipo é «Interna», Externa, Certificación, Seguimento ou Regulamentaria; o resultado, Sen cualificar, Conforme, «NC menor» ou NC maior; o estado, Planificada, En curso, «Completada» ou Cancelada. Na demo hai unha: a auditoría interna do sistema de xestión, completada con NC menor. O ollo abre a auditoría, o lapis edítaa e o lixo bórraa.

2. Planificar unha auditoría

Preme «Nova Auditoría». Son obrigatorios o “Título” e a “Data planificada”. Escolle o “Tipo” e a “Norma”, e enche “Auditado (área/dpto)”, “Alcance”, “Obxectivos”, “Criterios” e “Equipo auditor”. Garda con “Crear”: queda Planificada.

3. Rexistrar achados e pechar

Durante a auditoría ou despois, edítaa co lapis. “Engadir achado” pide o “Tipo de achado” (Conformidade, Observación, Oportunidade de mellora, NC menor, NC maior), a “Descrición do achado”, a “Referencia de cláusula (p. ex. 6.1.2)” e a “Evidencia”. Ao rematar pon o “Resultado”, as “Conclusións”, as “Recomendacións”, a “Próxima auditoría” e o estado Completada.

Cada achado de non conformidade rexístrase á parte en Non Conformidades con orixe “Auditoría interna” ou “Auditoría externa”, para seguir a súa causa e as súas accións.

4. Quen ve que

Crear, editar e borrar piden permiso de edición; sen el só se consulta. Se o teu rol non ten o módulo Calidade e mellora, ves “Este módulo está desactivado”.