Documentación de contratistas

En «Documentación de contratistas» está a documentación que presentan as contratas (TC1/TC2, seguro de responsabilidade civil, avaliación de riscos, planificación preventiva e os demais tipos), co seu estado e a súa validez. Aquí súbese, aprobase e rexéitase.

1. A lista e os seus filtros

Sen documentos, a pantalla di “Aínda non hai documentos de contratistas” e ofrece «Subir documento». Con documentos, arriba hai catro tarxetas que filtran a lista (“Caducados”, “Pendentes de validar”, “Caducan en 30 días”, “Rexeitados”); debaixo, o buscador e un filtro por estado de revisión (“Pendente”, “En revisión”, “Aprobado”, “Rexeitado”, “Caducado”) co seu número.

Cada fila mostra o nome do documento (ao premelo ábrese), o seu tipo, o contratista, o número e a versión, unha insignia de estado e a data “Válido ata” (en vermello se xa pasou). A insignia é unha soa: “Caducado” manda sobre as demais, e un aprobado que caduca axiña di “Caduca en N días”.

2. Subir un documento

Preme «Subir documento» e elixe o contratista en “Seleccionar contratista” (podes buscar por nome, CIF ou contacto). En “Subir documento” arrastra o ficheiro, elixe o “Tipo de Documento”, escribe o “Nome do Documento” e, se o ten, o “Número de documento”. Enche “Válido desde” e “Válido Ata” e preme “Subir”.

“Válido Ata” é a data que xera os avisos de caducidade: se a deixas baleira, o documento nunca aparecerá como próximo a caducar.

Ao escoller o ficheiro, a IA leo e enche o tipo, o número e as datas e, se o documento é dunha persoa, escolle en “Documento de” o traballador do contratista que coincide polo DNI/NIE ou polo nome. Cada dato enchido di “Lido do documento” coa páxina e o texto de onde sae: revísao e corríxeo antes de premer “Subir”. Se algo non encaixa (está caducado, é de alguén que non está na lista de traballadores, parece doutro tipo ou o CIF non é o do contratista), avísao no mesmo formulario. Nunha RNT propón os traballadores que aparecen nela e só os engade á lista se premes “Engadir … á lista”.

3. Aprobar ou rexeitar

Cada fila ten un menú “Accións” con “Ver”, “Descargar”, “Abrir o contratista”, “Aprobar”, “Rexeitar” e “Eliminar”. Abre o documento con “Ver” ou “Descargar” e comproba o.

“Aprobar” e “Rexeitar” só saen nos documentos “Pendente” e só para administradores. “Aprobar” pide confirmación. “Rexeitar” abre “Rexeitar Documento” e esixe o motivo: o contratista véo no seu portal para corrixilo e volver subilo. Só os documentos aprobados contan para o cumprimento do contratista.

4. Ter ao día o que caduca

Preme a tarxeta “Caducan en 30 días” para ver o que vence axiña e “Caducados” para o que xa venceu. Pide a versión nova ao contratista (ou sube-a ti) e aproba-a. Os recordatorios por correo envíanse desde “Notificacións”.

5. Quen pode facer que

Coordinación CAE, por defecto, só a ven os administradores; en “Axustes da empresa › Módulos” pódese abrir a editores ou a todos. Un lector con acceso pode ver e descargar; non se lle amosan “Subir documento” nin “Eliminar”.