Validación de documentos
«Validación de documentos con IA» é a cola de revisión dos documentos de contratistas que analizou a IA: tipo detectado, datos extraídos e resultado das regras de validación. Unha persoa confirma ou rexeita cada análise.
1. Que hai na pantalla
Mentres non haxa ningunha análise nin nada agardando revisión, a pantalla di “Aínda non hai documentos analizados” e ofrece «Ir a Documentos». Cando hai análises, arriba aparecen “Reanalizar fallidos”, un aviso coa ligazón “Pendentes de aprobar: N” (leva a Documentos), as cifras “Pendentes de revisión”, “Total analizados”, “Auto-aprobados”, “Con erros” e os filtros “Pendentes”, “Todos”, “Aprobados”, “Rexeitados”, “Erros”.
Cando hai análises, a táboa mostra o documento, o tipo detectado, a empresa, a calidade da análise, o estado (Pendente, Confirmado, Modificado, Auto-aprobado ou Erro) e o resultado das validacións.
2. Cando entra un documento na cola
Cada documento que se sube, desde «Documentos» ou desde o portal de contratistas, leo a IA ao gardalo e a súa análise aparece aquí. Se a IA ve un problema no documento, queda pendente de revisión aínda que pase as demais validacións; na táboa márcao “A IA atopou N problemas”.
A IA non aproba nada: a aprobación segue a facerse en «Documentos», con “Aprobar” e “Rexeitar” en cada fila.
3. Revisar unha análise
Ao abrir un documento da cola vese “Detalle da Análise” con tres bloques: “Información do Documento” (nome, tipo detectado, confianza e calidade), “Datos extraídos” (empresa, válido desde, válido ata) e “Resultados da validación” coas súas advertencias.
Compara os datos extraídos co documento. Escribe, se queres, unha nota en “Revisión” e preme “Confirmar aprobación” ou “Rexeitar”. Con confianza ou calidade baixas, non confirmes sen abrir o documento.
Debaixo de “Información do Documento”, “Lido do documento” mostra cada dato que a IA leu coa páxina e o texto de onde sae, de quen é o documento e os problemas que viu: caducado, unha persoa que non está na lista de traballadores, o documento doutro traballador, un tipo distinto do escollido ou un CIF que non é o do contratista. Nun seguro mostra o límite por sinistro, pero non o compara: o contrato non garda unha cobertura mínima.
4. Erros e permisos
“Reanalizar fallidos” volve pasar pola IA as análises que remataron en erro, normalmente un PDF escaneado sen texto, un ficheiro danado ou a IA sen configurar na instalación.
Confirmar, rexeitar e reanalizar requiren permiso de edición. Coordinación CAE, por defecto, só a ven os administradores.